El Puto Coke da un paso adiante na defensa do galego

5 Abril, 2011 (10:57) | Xeral | No comments


Boísimo, pasádeo.

O racismo lingüístico ao descuberto….

5 Marzo, 2011 (01:12) | Xeral | No comments

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/UNgJ9xiLQ4Y" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Facerse respectar…

15 Febreiro, 2011 (11:27) | Xeral | No comments

Podedes ver as fotos e vídeos do Camiño pola lingua en Amencer!

7 Novembro, 2010 (22:27) | Queremos galego | No comments

Na web da Asociación Xuvenil Amencer fixeron unhas galerías coas fotos do Camiño pola Lingua!. Tamén podes atopar vídeos.

A imposición ou equilibrio segundo o blogue «Carta Xeométrica»

7 Novembro, 2010 (22:22) | Xeral | No comments

No blogue Carta Xeométrica fan un boa reflexión sobre a imposición ou o equilibrio analizando a reforma da lei do Rexistro Civil.

O 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en galego

29 Outubro, 2010 (22:58) | Educación | No comments

O xoves 4 de novembro celébrase en Galicia o Día da Ciencia en galego para mostrar á sociedade a idoneidade do desenvolvemento das materias científico-tecnolóxicas en galego, expresar publicamente que as linguas se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía e expresar publicamente que todas AS LINGUAS son válidas para a expresión científica.

4ª etapa do Camiño pola Lingua

29 Outubro, 2010 (22:48) | Queremos galego | No comments

Todos a Compostela pola lingua.

Non esquezades anotarvos para a 4ª etapa do Camiño pola Lingua en ourense@queremosgalego.org ou no 639 519 242

Son 18 quilómetros que comezan na gasolineira da Ponte Ulla, situada na nacional 525, Km 322, na marxe dereita da estrada en dirección Santiago.

De Ourense saímos ás 7:30 do Parque de San Lázaro. Se queredes saír de Ourense no autobús podedes reservar a praza no 639 519 242, o prezo, para os que non o aboasen nas anteriores etapas, é de 5 euros.

Chegaremos arredor das 8:30 á gasolineira en Ponte Ulla, polo que ás 8:45 deberiamos estar camiñando. Os que vaiades desde outras zonas tede en conta este horario para non atrasar a saída.

Para as persoas que non poidan facer a etapa completa hai un punto de encontro para facer a entrada en Compostela con todo o grupo. Atoparémonos no Cruceiro do Sar arredor das 13:30 (http://callejero.hispavista.com/santiago-de-compostela_cruceiro-do-sar_calle)

Ao chegar a Praterías, arredor das 14:00 h, teremos un acto reivindicativo do que xa vos informaremos e, ao remate, xantaremos todo o grupo. O lugar acordarémolo en función do tempo que faga.

Ata o domingo!

O Camiño pola Lingua

5 Outubro, 2010 (12:52) | Educación, Queremos galego | No comments

Postura dos docentes respecto ao Decreto contra o galego

14 Setembro, 2010 (10:04) | Xeral | No comments

Intervención de Alba Nogueira respecto ao Decreto contra o galego

14 Setembro, 2010 (10:01) | Xeral | No comments

Olark Livehelp