Estamos no blogue da Mesa de Lugo
No blogue da Mesa de Lugo engadiron unha ligazón do de Ourense.
http://amesalugo.blogspot.com
Blogue d´A Mesa da zona de Ourense
No blogue da Mesa de Lugo engadiron unha ligazón do de Ourense.
http://amesalugo.blogspot.com
A CiberIrmandade da Fala ten nova web aínda en fase de probas, polo que as novas características poderían mudar se entre todos e todas así o decidimos. Xa podes visitala e, se o consideras, opinar en http://www.ciberirmandade.org
Rueiro
View more documents from guest045c90.
O rueiro en Ourense está bastante ben e hai que recoñecer o importante esforzo feito para eliminar as homenaxes fascistas. Porén, hai aínda moitos erros, intencionados ou non, que deberían arranxarse canto antes. Estas faltas de ortografía son mostras de ignorancia equivalentes e escribir “Hourense”. Vedes na presentación uns exemplos con [...]
Tal e como falamos onte na reunión respecto ao blogue, este é o correo ao que vos podedes dirixir xrodriguez at edu.xunta.es (onde pon at poñede arroba).
Limos en Vieiros que o goberno portugués ven de inaugurar na rede unha Biblioteca Virtual para nenos. Os pequenos poden ler na web os contos nun formato moi achegado aos contos de papel e poden incluso oílos. Botádelle un ollo, está moi ben.
A Mesa de Ourense tamén estivo presente este luns en Ribadavia para recibir ao conselleiro de Educación como se merece.
O venres 19 estivemos recollendo sinaturas no Paseo a favor do Manifesto pola Convivencia Lingüística. Estivo connosco o presidente da Mesa, o Carlos Callón, que aproveitou para informarnos de como fora a entrevista co responsábel de política lingüística, Anxo Lorenzo, e co conselleiro de educación.
Aínda recollimos un bo feixe de sinaturas, moita xente achegábase sen [...]
O día 23 o PP vai suprimir, por lei, as probas obrigatorias en galego nas oposicións que se convoquen en Galiza, para a administración autonómica e para os Concellos.
Ademais faino con todas as présas, de xeito que non se poida tratar o tema nas comisións parlamentarias nin que os grupos poidan presentar emendas.
Trátase de acelerar a súa entrada en vigor [...]
Onte estivo en Ourense Carlos Callón, presidente da Mesa, para manter unha entrevista co concelleiro de Deportes, Fernando Varela, e aproveitou para ofrecer unha rolda de prensa na Casa da Xuventude.
A responsábel da zona de Ourense, Susana García, aproveitou para falar das actividades da Mesa en Ourense e do desenvolvemento da consulta que a consellaría [...]