Dúas ligazóns para a fin de semana…
Como temos vocación de servizo público dúas páxinas:
- Unha primeira para os pequenos, de orixe francesa que promove o plurilingüísmo e que os terá entretidos sen ter que lle “disparar ” a nada, a páxina é www.poissonrouge.com. Preciosa.
- A segunda opción é para aprender algo de portugués, máis ben as diferenzas co galego e como nos ven en Portugal. Neste vídeo podedes ver un programa de Cuidado com a lingua da RTP.


Escribe un comentario