Lingua inútil, un artigo de Manolo Rivas
O escritor Manolo Rivas é un colaborador habitual do xornal El País, ten espazo para expoñer as súas opinións os venres en Luces e os sábados na última folla. Máis a súa indignación debeu ser moita ante o auto do xuíz de Alcorcón porque non puido agardar e enviou unha carta ao director, carta que podes ler xa hoxe. O Manolo Rivas é un exemplo de compromiso cidadá coa lingua, coa cultura e co medio ambiente, máis deberiamos escribir cartas ao director, aos directores, deberíamos ser un clamor!

