Unha páxina web da Xunta só en castelán
A Consellaría de Cultura ven de presentar unha web en colaboración coa Real Academia Galega de Gastronomía e a Real Academia Española de Gastronomía, Gastronomia de Galicia, só en castelán. Os principais clientes a día de hoxe dos restaurantes galegos somos os galegos, moitos deles galegofalantes, máis iso debe dar igual. A nós indígnanos este feito, máis non é o único. Se un mira a páxina foi feita por PJOB S.L. unha empresa madrileña, non existen en Galiza empresas que fagan páxinas web? Se non te preocupa a túa lingua, polo menos preocúpate polo teu posto de traballo.


Escribe un comentario