Concentración contra o decreto o luns 15 ás 20 diante da Casa de Chocolate

14 marzo, 2010 (01:06) | Queremos galego | Sen comentarios

Como xa saberedes, este mediodía o Conselleiro de Educación e mais o Secretario Xeral de Política Lingüística presentaron ante os medios de comunicación os contidos do anteproxecto de decretazo contra o galego no ensino, que a partir de agora terá que pasar por varias instancias – Mesa Sectorial, Consello Escolar [...]

Presentación do libro “55 mentiras sobre a lingua galega”

5 febreiro, 2010 (16:09) | Prolingua | Sen comentarios

A plataforma ProLingua presenta simultaneamente en 63 localidades o libro “55 mentiras sobre a lingua galega” o próximo venres 5 de febreiro ás 20:30.
Na provincia de Ourense, de momento, van ter lugar as seguintes presentacións:
Allariz, Fundación Vicente Risco: Teresa Devesa e Antonio Blanco
Celanova, Aula de Cultura Caixa Galicia: Xoán Carlos Domínguez Alberte e Leopoldo Rodríguez [...]

Éxito rotundo da folga contra o decretazo desgaleguizador

22 xaneiro, 2010 (22:50) | Queremos galego, vídeos | Sen comentarios

Éxito rotundo da folga xeral no ensino este xoves 21 de xaneiro de 2010. O profesorado ven de dar unha lección, non moitos colectivos profesionais perden cartos dos seus petos para loitar pola dignidade, a lingua e a cultura galega e non pola mellora dos seus soldos ou condicións laborais. Para moitos, perder 100 euros [...]

CCOO únese á convocatoria da folga do 21 de xaneiro no ensino

17 xaneiro, 2010 (13:57) | Queremos galego | Sen comentarios

O sindicato CCOO decidíu unirse á convocatoria da folga no ensino do xoves 21 de xaneiro.

Folga xeral no ensino o 21 de xaneiro

12 xaneiro, 2010 (12:19) | Queremos galego | Sen comentarios

A plataforma Queremos Galego convocou as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa [...]

Concentración de Queremos Galego

29 decembro, 2009 (11:25) | Queremos galego | Sen comentarios

O mércores 30 de decembro, ás 17:00 na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela, está convocada unha concentración da plataforma cidadá Queremos Galego. Todo indica que este día se dea a conhecer o novo decreto do uso do galego no ensino, e segundo adianta El País esta manhá,  levará a unha redución do galego [...]

Este mércores 23 mándalle unha postal a Feijoo!

21 decembro, 2009 (11:25) | Queremos galego | Sen comentarios

Este mércores 23, véspera de Noite Boa, vai andar o Apalpador a repartir postais para recordarlle ao Feijoo que nós Queremos Galego e que el debería. Será no Paseo de 12:00 a 14:00 e probabelmente de 18:00 a 20:00. Haberá sorpresas para os cativos, pasade a nova e vinde!

Xornadas pola lingua. O galego no século XXI

2 decembro, 2009 (10:44) | Xeral | Sen comentarios

Os Comités do Campus de Ourense veñen de programar unhas Xornadas de lingua baixo o título “O galego no século XXI” que terán lugar entre os días 30 de novembro e 4 de decembro na Aula magna da Facultade de Ciencias. Hoxe a partires das 16:00 coa proxección do filme “Pradolongo” e o coloquio posterior [...]

Histórica manifestación o 18 de outubro en Compostela

21 outubro, 2009 (17:51) | Queremos galego | Sen comentarios

Presentación á prensa de QUEREMOS GALEGO

17 outubro, 2009 (10:27) | Queremos galego, vídeos | Sen comentarios

Lembrade a manifestación o domingo 18 de outubro, levade a pais, nais, irmáns, amigos, colegas, amantes, fillos, fillas, avós, avoas, compañeiros dos partidiños de fútbol, parellas de tute, …. a todos.