A Xunta “celebra” o día da muller traballadora

9 marzo, 2010 (18:43) | Denuncias | Sen comentarios

Esta imaxe tomada de Xornal, mostra a celebración da Xunta de Galicia do día da muller traballadora. Aínda ha de haber alguén ao que non lle pareza unha celebración axeitada. Un conselleiro, do que non sabiamos nada até o de agora, máis que paralizar o desenvolvemento eólico do país e por ter deslocalizadas as súas [...]

“Desván de los Monjes”…. equipos de demolición Junta de Feijóo

9 marzo, 2010 (18:30) | vídeos | Sen comentarios

Un xuíz espanhol dicta unha sentenza desde a ignorancia lingüística

18 novembro, 2009 (14:14) | Denuncias | Sen comentarios

A sentenza revela un amplo desconhecemento de lingüística e incluso de cultura xeral, podedes vela reflectida en Vieiros e en Xornal.

A OCU cos consumidores, ou só con algúns?

28 outubro, 2009 (22:08) | Denuncias | Sen comentarios

A OCU, unha organización que supostamente defende os intereses dos consumidores e usuarios, non respecta a lexislación vixente e, ademais, argumenta por escrito por que incumpre a lei.
Por suposto, faino para defender os dereitos dos castelán falantes, porque os falantes de galego, catalán ou éuscaro son cidadáns de segunda.
Cando un socio se dirixe a eles [...]

“Entrevista” a Carlos Callón na TVG

21 outubro, 2009 (18:05) | Queremos galego, vídeos | Sen comentarios

Carlos Callón ”entrevistado” por Carlos Luís Rodríguez
por nagalizaemgalego
Nesta “entrevista” podemos ver a capacidade de Carlos Callón, presidente d’A Mesa pola Normalización Lingüística, para explicarlle a Carlos Luis Rodríguez, aínda que el non queira acreditar:

O 1 de marzo houbo unhas eleccións, non un referendo respecto da lingua. Alberto Núñez Feijoo xa se encargou de que non [...]

Un (ex) falanxista alto cargo da Xunta contra o galego en Vigo

26 setembro, 2009 (23:59) | Denuncias | Sen comentarios

José Norberto Uzal, que “foi” membro da Falanxe e candidato ao Parlamento Europeu por esta “formación”, é o actual Director Xeral de administración local.Esta persoa ameaza ao concello de Vigo con impugnar as oposicións se non se elimina a proba de galego. O Partido Popular coloca a un falanxista para ameazar ao alcalde socilista de [...]

O xuíz decano da Coruña demanda ao presidente da Mesa

12 xuño, 2009 (13:38) | Denuncias | Sen comentarios

O xuíz decano da Coruña, o polémico Antonio Fraga Mandián, denunciou ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, por “un delito de calumnias ou inxurias”. O motivo son as declaracións realizadas polo dirixente da asociación en defensa da lingua cando Fraga Mandián denunciara a un veciño da Coruña despois de que este solicitase [...]

Xa pecharon Aberto por Reformas

9 xuño, 2009 (20:44) | Manifestos, Xeral | Sen comentarios

De todas as horas de radiodifusión que hai en Galiza, centos de emisoras as 24 horas do día, até a semana pasada había unha hora de programa que falaba da música galega e en galego, agora cero horas, cero programas. Pecharon o Aberto por Reformas, supoñemos que por perigoso, poñían música en galego. Será por aforrar, ademáis [...]

Peugeot MOSA Ourense, atención ao cliente?

7 xuño, 2009 (22:40) | Denuncias | 2 comentarios

Esta anécdota cóntaa Xosé M. Rodríguez e ven a demostrar unha vez máis como son as cousas dos galegofalantes. O Xosé ten un Peugeot e, como é un tipo curioso, faille todas as revisións que lle din no servizo autorizado na cidade de Ourense, o concesionario Peugeot MOSA Orense. No taller trátano ben, os mecánicos [...]